XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Ata o día 20 de marzo está aberto o prazo de solicitudes de admisión no noso Centro para o vindeiro curso 2018-19.

Se queres formar parte da gran familia Compañía de María e vivir o noso Proxecto Educativo agora é o momento. Xa está aberto o prazo para poder cursar estudos de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria Obrigatoria. O único que debes facer é presentar no propio colexio ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550B).

Tes toda a información no apartado da nosa web: O noso colexio/Solicitude de praza