PRÁCTICAS DE QUÍMICA NA ESO

Como parte fundamental da área de Física e Química os alumnos e alumnas realizan diferentes experiencias no laboratorio nas que poñen en "práctica" os conceptos aprendidos na aula.

Concretamente en 3º fixeron unha cromatografía para poder separar os distintos compoñentes das tintas dos rotuladores. Nas fotos da galería de Secundaria poden verse algúns dos vistosos resultados.

En 4º realizaron por grupos a valoración dun ácido de concentración descoñecida. Ao remate da mesma tiveron que entregar un informe no que fixeron constar o material empregado, o procedemento, os cálculos, os resultados e unha pequena opinión persoal sobre este traballo. Neste último apartado puxeron de manifesto a necesidade de ser moi rigorosos para acadar uns óptimos resultados.