ESPERANZA DE PAZ

Na Xornada Escolar pola Paz unímonos toda a cumunidade educativa para lanzar un berro de esperanza.

Todos os días, por desgraza, coñecemos polas noticias que a violencia segue estando presente na nosa contorna, nas nosas cidades, mesmo dentro dos colexios, en familias e no mundo en xeral.

Somos conscientes de que no mundo existen demasiadas situacións de guerra, violencia e desolación. Por iso, no Día Escolar pola Paz e a non Violencia, xuntámonos todos e todas no patio para unir as nosas esperanzas nun futuro de Paz.

O acto deu comezo coa lectura conxunta dun manifesto a cargo de: relixiosas, alumnado de todas as etapas, profesorado, ex-alumnos e ANPA. Logo fomos colocando nuns paneis as pombas decoradas por cada un dos membros da nosa comunidade. Para rematar cantamos, todos xuntos, "Tus manos son palomas de la Paz" coa que nos sentimos tan identificados.