OXFORD ELIXE AO NOSO COLEXIO PARA ACREDITAR O NIVEL DE INGLÉS NO MORRAZO

Responsables da Universidade de Oxford entregan a acreditación como centro examinador de "Oxford Test of English" á Dirección do noso Centro.

O xoves 15 de febreiro de 2018  Don Moisés Vega González, Xefe rexional de ventas e relacións institucionais da Universidade  de Oxford, acompañado por Don José Manuel Alves, comercial da editorial na zona do Morrazo, fixeron entrega á Directora Dona Pilar Bernárdez Núñez da placa da Universidade de Oxford que acredita ao noso centro, Compañía de María de Cangas, como o único centro examinador en toda a comarca do Morrazo.

O exame “Oxford Test of English”, certificado pola Universidade de Oxford, acredita a competencia lingüística en Lingua Inglesa segundo o marco Común Europeo de Referencia das Linguas (CEFR).

Este exame permite acadar os niveis A2, B1 ou B2 en cada unha das destrezas avaliadas, tendo a posibilidade de que cada persoa obteña niveis diferentes en cada unha destas destrezas.(Speaking, reading, listening e writing).

Este título oficial, recoñecido pola Xunta de Galicia e as distintas universidades galegas, está a partir de agora ao alcance de calquera persoa (relacionada co centro ou allea) que estea interesada en acadar un título oficial de Lingua Inglesa.

Datas de exames para este ano 2018:

  • 17 de marzo
  • 26 de maio
  • 16 de xuño
  • 7 de xullo
  • 15 de setembro
  • 17 de novembro

Para máis información e inscricións:

Correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono: 986.30.05.80

Web do Oxford Test of English: http://www.oxfordtestofenglish.es/