MAREA AZUL POLO AUTISMO

O Colexio engalanouse de azul neste día gris para celebrar o Día do Autismo.

Coas actividades  organizadas durante toda a semana e máis concretamente no día de hoxe, intentamos achegar ós nosos alumnos a importancia que ten ser respetuosos e tolerantes coa diversidade, xa que isto fai que sexamos persoas mais fortes e xustas.
Durante o momento do recreo toda a comunidade educativa participou nun acto que consistiu en formar unha gran peza de puzzle (símbolo que reflexa a complexidade e o enigma que envolven o trastorno do autismo), lectura dun manifesto e solta de globos azuis. Contamos neste acto coa presenza do concellal de Ensino, Xoán Chillón e da inspectora de Educación, Yolanda Cadórniga.
Como dixo a Xefa de Estudos na lectura dese manifesto, queremos unha comunidade educativa inclusiva, na que predominen os valores de respecto, comprensión e empatía. Sabemos que esta escola contribuirá a construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Todos os días son 2 de abril.
Aquí vos deixamos o vídeo elaborado polas profesoras de Ed. Especial do noso centro explicando de forma sinxela que é o autismo: