UNHA NOVA PROMOCIÓN QUE SE DESPIDE DO COLEXIO

Numerosos familiares e profesores acompañaron ás alumnas e ós alumnos de 4º de ESO no acto da súa despedida.

Alexandra Romero foi a encargada de abrir o acto cantando unha fermosa canción que conseguiu poñer as emocións de tódolos asistentes a flor de pel. Logo, foi Pablo Giráldez quen, en nome do alumnado de 4º, fixo un repaso polas mellores lembranzas destes 13 anos no centro.

Antes de proceder á entrega de diplomas foi a nosa Xefa de Estudos Clara I. Piñeiro quen se dirixiu ao alumnado facendo unha invitación a vivir todo o que teñen por diante de forma intensa. Tamén tivo palabras para agradecerlle aos pais e nais a confianza depositada no Colexio Compañía de María de Cangas traendo aos seus fillos a este centro.

Logo do vídeo de despedida elaborado por Alexandra Romero, Raúl Estévez e Javier Llópiz baixaron todos ao comedor no que puideron degustar unha pequena merenda e beber algo co que aliviar a calor dunha tarde sofocante no termómetro e no emocional.