SAÍDA Á BIBLIOTECA

Os alumnos de terceiro de Educación Primaria achegase a un dos espazos máis ricos en cultura do Concello.

Os alumnos de 3ºEP visitaron a Biblioteca Central de Cangas, guiados pola bibliotecaria, que nos mostrou as dependencias e usos deste edificio público, inaugurado en 1989 e deseñado polo prestixioso arquitecto Cesar Portela, cunha escultura no hall central, que simboliza “a ascendente evolución do coñecemento”, de Manuel Coia, recoñecido escultor, nacido no Hío.

A bibliotecaria destacou a importancia de aproveitar este servizo público, así como as normas de funcionamento e saber estar respectando aos demais usuarios. Informounos sobre o carné único para Bibliotecas Públicas, co que se pode acceder aos servizos das bibliotecas doutros concellos.

A visita finalizou facendo uso da sala de lectura Infantil e recollendo os impresos de solicitude para facerse socios.