COMPARTINDO O QUE IMPORTA

Unímonos á campaña de Mans Unidas interesándonos polas causas da fame, reflexionando nas aulas sobre este grave problema e colaborando economicamente con esta ONG compartindo un boliño de pan na hora do recreo.

"Comparte o que importa" foi o lema escollido por Mans Unidas para a campaña contra a fame deste ano. Para nós este lema implica poñer en común a nosa vida, os nosos bens e o noso compromiso por un mundo mellor no que os dereitos humanos sexan respectados e donde cada persoa poida dispoñer dos medios necesarios para vivir con dignidade.

A masiva participación nesta campaña fainos ver que temos un alumnado sensible e implicado co obxectivo de acabar coa fame no mundo.