CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS!

Axente riciños!  O contacontos Iago López dalle un novo enfoque ao conto "Riciños de ouro" para os pequenos do Colexio.

Unha orixinal e divertida reinterpretación dun conto moi coñecido polo público infantil (Riciños de ouro) foi a que o pasado xoves  8 de marzo acadou a atención dos máis pequenos do colexio (Infantil, 1º e 2º), contado de forma moi amena e lúdica polo contacontos Iago López.

Nela, unha nena moi curiosa e intelixente, pulula polo bosque dos contos a modo de superheroína, enfrentándose ós malos e tentando solucionar problemas  dalgunhas persoaxes dos contos clásicos.