VISITA Ó MUSEO MASSÓ

Interesante visita ó Museo Massó en Bueu, realizada polos alumnos de terceiro de Educación Primaria.
Os alumnos gozaron desta interesante visita e participaron no xogo “A busca do tesouro” que consistiu en atopar obxectos relacionados coa temática do museo con enigmas que os alumnos debían resolver.
Posteriormente achegáronse ata o pantalán do peirao de Bueu para botar unha ollada as embarcacións tradicionais, onde un experto no tema comentou as utilidades e o grande valor actual que teñen como elemento histórico. A dorna, o bote polbeiro e a traíña foron e aínda seguen sendo embarcacións moi importantes na nosa cultura mariñeira.