UNHA VOLTA POLA VILA

O pasado martes 20 e mércores 21 os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación  Primaria fixeron una pequena visita guiada polos rincóns máis emblemáticos da nosa vila. 

A primeira parada foi ao Concello, onde visitaron o salón de plenos, o despacho do alcalde e a Policía Local. Alí coñeceron diferentes anécdotas do día a día, o funcionamento das votacións nos plenos, os significados das bandeiras, as funcións dos concelleiros, da oposición, da Policía ... resolvendo todas as posibles dúbidas e curiosidades referentes ao tema. 
 
A continuación achegáronse a Igrexa de Santiago de Cangas (Ex-colexiata), a casa de Patín e  por último o Reloxo completando así unha mañá de descubrimento da historia máis significativa  da nosa vila.