O CONTO DE ELMER

Elmer, un elefante especial

Para conmemorar o Día do Libro, desde a aula  de Ed. Especial, traballaron ao redor  do conto de Elmer, de David Mckee. Este conto, do entrañable elefante multicolor, ensínanos que as diferenzas nos enriquecen e que nos fan ser seres especiais. Os alumnos de Ed. Infantil, tamén realizaron diferentes actividades ao redor deste conto e ademais  puideron gozar vendo a adaptación do conto con pictogramas realizada desde a aula de especial e lido por unha alumna. Podedes ver o conto na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?v=YvxIr6-apTk