INTERIORIDADE COS MÁIS PEQUENOS

Educamos a interioridade e as emocións cos alumnos máis pequenos.

Os alumnos do curso de 3 anos, ó igual que o resto do alumnado do Colexio, levan realizadas ó longo deste curso diferentes sesións de interioridade coa finalidade  introducir o modo de descubrir, reflexionar e interiorizar as diferentes experiencias da vida, e así desenvolver a capacidade de establecer unha boa relación con un mesmo e cos demais.

A sesión desta semana consistiu en identificar as emocións propias e  das persoas que nos rodean. Traballamos con catro emocións básicas: alegría, tristura, anoxo e medo. Todas elas traballáronse con diferentes actividades: representacións, puzzles e traballo en equipos. Resultou unha actividade moi enriquecedora e motivadora para os cativos.