DESCUBRINDO O PERGAMIÑO VINDEL

Este ano aconteceu un feito histórico: o Pergamiño Vindel voltou a Galicia e no Colexio quixemos aproveitar esta inmellorable ocasión para estudar e dar a coñecer esta xoia da poesía medieval do século XIII.

Primeiro delimitamos e distribuímos por cursos os diferentes aspectos que nos permitiran comprendelo en tódalas súas dimensións. Logo plasmamos todo ese traballo nuns paneis, vídeos e xogos para que todo o mundo poida coñecelo mellor.

Os froitos de todo este proceso podedes velo ata final de curso na sala de exposicións e usos múltiples do noso centro.

E, por si non podedes pasarvos físicamente, aquí vos deixamos a exposición virtual:

 

Tamén podedes escoitar as cantigas lidas polas nenas e nenos de 5º de Primaria na nosa canle de Youtube. Sentirvos no centro da sala de exposicións con esta fotografía 360º ou comprobar os vosos coñecementos sobre este tema co xogo de preguntas e respostas elaborado polo alumnado de 4º de ESO son outras das alternativas desta estupenda exposición multidisciplinar e, máis que nunca, multimedia.