VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN

Grande o día para o recordo o que viviron os alumnos de 5º de Educación Primaria, acompañados polos alumnos de Educación Especial, na Illa de San Simón

Este pasado venres, o alumnado de 5º de Educación Primaria e Educación Especial fixo unha das súas saídas máis agardadas este curso: a Illa de San Simón. Un lugar que para os da zona reúne á historia pasada e recente con feitos tan importantes como a Batalla de Rande ou unha das estapas sociopoliticas máis grises da nosa sociedade. Pisar o mesmo chan onde monxes, piratas, presos e enfermos  xa o fixeran no pasado, foi un dos atractivos principais para la resolución das probas incluídas na "gymkana" programada despois da comida.

Si a todo o vivido sobre a illa lle engadimos a travesía en barco pola Ría de Vigo pasando baixo a ponte de Rande, con todo o que conleva, non cabe dubida de que a xornada quedará no recordo de todos tanto por anécdotas como por beleza.