Oxford Test Of English

Colexio Compañía de María Cangas

INFORMACIÓN

O exame “Oxford Test of English”, certificado pola Universidade de Oxford, acredita a competencia lingüística en Lingua Inglesa segundo o marco Común Europeo de Referencia das Linguas (CEFR).

Este exame permite acadar os niveis A2, B1 ou B2 en cada unha das destrezas avaliadas, tendo a posibilidade de que cada persoa obteña niveis diferentes en cada unha destas destrezas (Speaking, reading, listening e writing).

Este título oficial, recoñecido pola Xunta de Galicia e as distintas universidades galegas, está a partir de agora ao alcance de calquera persoa (relacionada co centro ou allea) que estea interesada en acadar un título oficial de Lingua Inglesa.


Oxford dispón dunha páxina específica para España na que podes atopar:

    • Características do exame

    • Recoñecementos

    • Preparación

    • Demo do exame

Para acceder simplemente pincha en "Proba o exame" no apartado superior desta páxina.