Infantil
Medrando en Compañía
Plurinfantil
- Incrementa a presenza da lingua estranxeira (inglés) como lingua vehicular.
- Favorece a transferencia entre as linguas tanto nas destrezas comunicativas como académicas.
- Fomenta a diversidade lingüística e cultural.
Traballo por proxectos
- Desenvolve as habilidades cognitivas e socioemocionais así como o crecemento persoal do alumno.
- Os alumnos son os protagonistas da súa propia aprendizaxe desenvolvendo a súa autonomía e responsabilidade.
Aprendizaxe cooperativa
- Aprenden a organizarse en equipo con outros/as alumnos/as.
- Fomenta valores como a solidariedade e o respecto mutuo.
- Mellora o rendemento escolar do alumnado.
Educación emocional
- Potenciamos o traballo coas emocións para que os alumnos adquiran as habilidades necesarias para desenvolverse no mundo e ser felices.
- Ensinámoslles a regular e dirixir as súas emocións e a non deixarse levar por elas.
A etapa de Educación infantil está considerada como unha das máis importantes no noso colexio. É nesta etapa onde se establecen as bases para o bo desenvolvemento das posteriores etapas educativas e onde se inicia a adquisición dos hábitos e das capacidades básicas.
O traballo cooperativo, o desenvolvemento de pequenos proxectos e unidades didácticas integradas e o uso das novas tecnoloxías, son formas que facilitan a adquisición de aprendizaxes e de novas capacidades que permiten dar o salto á Educación Primaria con máis seguridade e confianza.Facemos posible que a aprendizaxe sexa competencial e significativa para cada alumno, desenvolvendo unha atención personalizada e atendendo á diversidade dos alumnos e das situacións.