Primaria
Aprendendo en Compañía
Plurilingüismo
- Desenvolvemos as destrezas necesarias para que os alumnos se abran ao mundo e afronten a globalización na que vivimos.
Traballo por Proxectos
- Desenvolven as habilidades cognitivas e socioemocionais así como o crecemento persoal do alumno.
- Os alumnos son os protagonistas da súa propia aprendizaxe desenvolvendo a súa autonomía e responsabilidade.
Aprendizaxe cooperativa
- Aprenden a organizarse en equipo con outros/as alumnos/as.
- Fomenta valores como a solidariedade e o respecto mutuo.
- Mellora o rendemento escolar do alumnado.
Educación emocional
- Potenciamos o traballo coas emocións para que os alumnos adquiran as habilidades necesarias para desenvolverse no mundo e ser felices.
- Ensinámoslles a regular e dirixir as súas emocións e a non deixarse levar por elas.
Na etapa de educación Primaria iníciase a consolidación das competencias clave.
Cada alumno ten unhas características persoais que o fan único e por iso cómpre coñecer as súas potencialidades para desenvolvelas ao máximo.
Desde a súa orixe o colexio compañía de María aposta por unha formación de” cabezas ben feitas, máis que ben cheas”, intentando ofrecer todos os recursos para que os alumnos poidan alcanzar as aprendizaxes necesarias para ser, saber estar e saber facer. O estudante convértese no verdadeiro protagonista da súa aprendizaxe. Ó longo da etapa non só é prioritario adquirir uns contidos e coñecementos básicos senón que, a partir do traballo sistemático en grupos cooperativos, desenvolvendo proxectos e sen esquecer o traballo individual, conseguiranse os obxectivos fundamentais para garantir o paso a Secundaria.
Priorizamos o traballo sistemático dos hábitos e os valores e a regulación das propias emocións desde o proxecto de Acción titorial e o de Educación para a Interioridade.