Secundaria
Preparados para a vida
Gamificación
- Ofrece unha fonte de aprendizaxe motivadora e efectiva para o alumnado.
- Conséguese un maior compromiso por parte do alumnado no proceso educativo.
- Aumenta o atractivo dos procesos de aprendizaxe, a innovación e a diversión.
Traballo por Proxectos
- Desenvolven as habilidades cognitivas e socioemocionais así como o crecemento persoal do alumno
- Os alumnos son os protagonistas da súa propia aprendizaxe desenvolvendo a súa autonomía e responsabilidade.
Aprendizaxe cooperativa
- Aprenden a organizarse en equipo e a planificar os seus traballos.
- Revisan o funcionamento do seu equipo de forma periódica e a establecer obxectivos de mellora.
- Respectan e valoranas opinións dos seus compañeiros e compañeiras.
Educación emocional
- Potenciamos o traballo coas emocións para que os alumnos adquiran as habilidades necesarias para desenvolverse no mundo e ser felices.
- Ensinámoslles a regular e dirixir as súas emocións e a non deixarse levar por elas.
A etapa da ESO é unha etapa de consolidación de todas as aprendizaxes adquiridas nas etapas anteriores.
Desde o colexio acompañamos o alumnado no seu propio crecemento persoal. Contribuímos a desenvolver as súas habilidades sociais e académicas con autonomía e espírito crítico. Traballamos a sensibilidade artística, a creatividade e a afectividade de todos os mozos e mozas.
Axudámolos na toma de decisións para o que será o seu futuro vocacional e profesional.