O Colexio Compañía de María de Cangas informa aos usuarios do sitio web sobre a súa política respecto do tratamento e protección dos datos de carácter persoal dos usuarios e clientes, que poidan ser recabados pola navegación ou solicitude de información a través deste sitio web, así como dos datos persoais de que dispoña o colexio Compañía de María, recabados por calquera outro medio ou motivo.
Neste sentido, o Colexio Compañía de María de Cangas garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, reflectida no Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2026/679 e a Lei Orgánica 3/ 2018 de Protección de Datos e Garantías de Dereitos Dixitais e manifesta o seu compromiso coa confidencialidade e seguridade dos datos.
RESPONSABLE DO TRATAMENTO:
Colexio Compañía de María de Cangas
Enderezo: Rúa Ensinanza, nº 15
Poboación: Cangas
CP: 36940
Provincia: Pontevedra
Telf: 986 30 05 80
Datos de contacto do Delegado de Protección de datos: [email protected]
Recollida, finalidade e tratamento de datos
O Colexio Compañía de María de Cangas ten o deber de informar aos usuarios do seu sitio web respecto da recollida de datos de carácter persoal que poidan levarse a cabo, ben sexa mediante o envío dun correo electrónico ou ao cumprimentar os formularios incluídos no sitio web. Neste sentido, o Colexio Compañía de María de Cangas será considerado como responsable do tratamento dos datos recabados mediante os medios anteriormente descritos.
Á súa vez, o Colexio Compañía de María de Cangas informa aos usuarios de que a finalidade do tratamento dos datos recabados contempla: A atención de solicitudes realizadas polos usuarios, a inclusión na axenda de contactos, a prestación de servizos e a xestión da relación comercial, así como o envío de información que teñan relación co servizo recibido.
Os seus datos serán debidamente conservados e protexidos contra perda ou alteración da información e accesos non autorizados mentres exista a relación comercial e, unha vez finalizada a mesma, durante o tempo necesario ata a prescrición de responsabilidades, agás que vostede nos indique o contrario e sempre que a normativa vixente permita a supresión dos datos.
Comunicación de información a terceiros
O Colexio Compañía de María informa aos usuarios de que os seus datos persoais non serán cedidos nin comunicados a terceiras organizacións, coa condición de que dita cesión de datos estea amparada nunha obriga legal ou cando a prestación dun servizo implique a necesidade dunha relación contratual cun encargado de tratamento o cal terá sido debidamente contratado con todas as garantías que establece o Regulamento Xeral (UE) 2016/679.
Dereitos dos usuarios.
O Regulamento Xeral de Protección de Datos de Carácter Persoal (UE) 2016/679, concede aos interesados a posibilidade de exercer unha serie de dereitos relacionados co tratamento dos seus datos persoais.
Como sexa que os datos do usuario son obxecto de tratamento e son conservados por parte do Colexio Colexio Compañía de María de Cangas, os usuarios poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación do tratamento, de acordo co previsto na normativa legal vixente na materia de protección de datos persoais.
Para facer uso do exercicio destes dereitos, o usuario deberá dirixirse mediante comunicación escrita ao seguinte enderezo: Colexio Compañía de María de Cangas, Rúa Ensinanza, nº15, CP: 36940. Poboación: Cangas. Provincia: Pontevedra, ou enviando un correo electrónico a: [email protected], achegando fotocopia da documentación que acredite a súa identidade (DNI ou pasaporte) en ámbolos dous casos.
Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, o enderezo e os datos acreditativos e a petición de solicitude do dereito que desexe exercer.
O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario, o seu herdeiro ou por unha persoa autorizada como representante legal do usuario. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado, aceptación da herdanza ou poderes.
Tamén lle informamos de que pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos se considera que foron vulnerados os seus dereitos.