A COMPAÑÍA DE MARÍA PRESENTA O SEU NOVO PROXECTO PEDAGÓXICO

O novo modelo pedagóxico Signa foi presentado por primeira vez a nivel internacional en España para os Directores Titulares dos seus 22 centros.

Os directores titulares dos Colexios da Compañía de María en España déronse cita este 26 de setembro no CaixaForum Madrid, centro social e cultural da Obra Social “la Caixa”, para a presentación de Signa, o seu novo modelo pedagóxico. Posteriormente farase para a rede de centros cos que a Institución conta nos demais continentes.

O evento contou coa presenza de Mª Rosario Mariña Ríos ODN, Superiora Provincial da Compañía de María, representantes de Escuelas Católicas e da UNIR (Universidad Internacional de La Rioja), encargados do proceso formativo aos profesores e diversos medios de comunicación.

A Compañía de María, que conta con máis de 400 anos de experiencia educativa, aposta por un estilo, un compromiso, unha visión que fan de Signa un sólido proxecto de transformación.

Signa sitúa ao alumno no centro e pon o foco na aprendizaxe. Os colexios transfórmanse en lugares donde cada alumno atopa o seu lugar a través da personalización, acompañado por un docente que coñece as súas necesidades e fortalezas, que camiña ao seu carón esixíndolle e motivándoo e donde se cuida e valora a cercanía coas familias.

Signa parte da valoración de todo o aprendido no pasado, e desde o presente, coa mirada posta en todo o que ofrece o futuro, seguimos avanzando. O novo modelo fala desde o presente e baséase na concepción pedagóxica da Educación Personalizada porque a solución educativa pasa por personalizar a educación aquí e agora.

Signa é: educación personalizada, presente, talento, multilingüismo, transformación, creatividade, trascendencia un modo distinto de entender a educación e preparar aos alumnos para o futuro.  

Ao longo da xornada, Iolanda López Iglesias, responsable do Ámbito Pedagóxico da Equipa de Titularidade da Provincia de España foi a encargada de presentar o modelo, e de explicar o proceso formativo que se levará a cabo nos colexios da Rede de Centros Compañía de María no mundo.

SignaCMaria,

Porque nos importan as personas e cremos nos alumnos.

Porque confiamos nas familias e nas súas metas.

Porque abrimos as aulas ao mundo e máis alá.

Porque respondemos á realidade sen esquecer quenes somos.

Porque conectamos coa comunidade para facer un mundo mellor.

Porque este compromiso é o noso compromiso.

Ti eres o noso motor.

A Compañía de María, unha das primeras institucións educativas do noso país, continúa apostando con este proxecto por unha educación de calidade ao servizo dunha sociedade que se constrúe desde os valores máis auténticos da persoa.