BUSCANDO FADAS NO BOSQUE ENCANTADO

Un pequeno lugar con recunchos case de conto, capaz de espertar curiosidade e un pouco de expectativa máxica nos máis pequenos do cole : O “bosque encantado “ de Aldán.

Este espazo natural foi o elixido para que os alumnos de educación infantil de 3, 4 e 5 anos puidesen descubrir e experimentar de preto as características propias da natureza no outono. Alí, entre paseo, merenda e xogos puideron:

• Apreciar cores douradas, ocres, marróns…,

• Diferenciar tipos de follas caídas que simulaban alfombras tupidas coas que tamén xogaron.

• Colleitar con interese froitos propios de carballo e castiñeiro, descubrindo que os ourizos pican.

Pero ….tamén se preguntaron: Onde están as fadas? Ao ver o pequeno castelo.  "Talvez, do mesmo xeito que vós, saísen a xogar".

Teranas topado?