II ENCONTRO PROVINCIAL DE GRUPOS LESTONNAC

A fin de semana do 26, 27 e 28 de outubro, os rapaces de Grupos Lestonnac asistiron a un gran acontecemento en Madrid.

Moitos dos rapaces e rapazas de Grupos Lestonnac de todos os Colexios de España pasaron un inesquecible fin de semana xuntos en Guadarrama. Os asistentes, máis de 600, puideron disfrutar de diferentes actividades programadas, obradoiros, xogos, veladas, eucaristía... Pero sobre todo disfrutaron dos momentos compartidos con outros compañeiros, moitos deles xa amigos. De seguro tardarán en esquecer esta experiencia que a pesar dos quilómetros e horas en autobús, están desexando repetir.

Aquí deixamos un vídeo resumo da II Convivencia Provincial Grupos Lestonnac: