FESTA DA NENA MARÍA

Como cada 21 de novembro no noso Centro, e en todos os que a Compañía de María ten espallados polo mundo, celebramos o Día da Nena María.

A festa comezou xa o martes pola tarde coa ofrenda floral á Nena María na que participaron os máis cativos do Colexio.

Pero o acto central do Día da Nena María tivo lugar na capela coa celebración relixiosa. Asistiron numeroros pais, nais, ex-profesores e ex-alumnos.

Pola tarde tivemos Magosto con xogos nas aulas e no patio, maquillaxe, brilé, ... e, por suposto, castañas asadas. Os responsables do mantemento desta web dan fe de que estaban riquísimas!