UNHA PORTA ABERTA Á ESPERANZA

3º e 4º de ESO participaron este 23 de novembro na xornada contra a violencia de xénero organizada polo Concello de Cangas.

Como colofón das actividades realizadas na aula e da charla sobre este tema de "Pantallas Amigas", os maiores do noso centro decidiron unirse ao acto celebrado este venres no Auditorio de Cangas. E quixeron facelo lanzando unha mensaxe de esperanza interpretando, en linguaxe de signos, a canción de Rozalén "La Puerta Violeta".

Todas e todos amosaron unha enorme sensibilidade con este grave problema e unha implicación total nas accións realizadas. Agora queda por ver se esa mensaxe de optimismo que lanzaron cala tamén na sociedade.