VÓS TAMÉN ACHEGADES!

Unha vez máis, o noso agradecemento e felicitación aos pais de alumnos que nos visitaron e colaboraron connosco nas aulas de Ed. Infantil ao longo deste trimestre.

Esta vez, en particular a Óscar, Patricia e María. Todos eles pais de alumnos da aula de Educación Infantil 5 anos.

Cada un na súa faceta e en relación ás unidades didácticas tratadas na aula, transmitiron aos pequenos as vantaxes do coidado do noso corpo: facendo deporte, cunha hixiene bucodental adecuada e a través dunha alimentación sa e variada.