A CADEA DA PAZ

A Xornada Escolar pola Paz culmina cunha longa cadea con centos de desexos e símbolos contra a violencia e a discriminación.

Este curso o traballo previo a esta xornada centrouse nas diferentes formas de violencia que se dan no entorno máis próximo ao alumnado: pelexas, discriminación, bullying, ... Ó final das reflexións cada rapaz plasmou o seu desexo de Paz cun símbolo, frase, palabra ou debuxo nunha cartolina. Cada unha desas cartolinas formou un eslabón da cadea que unimos no acto central desta Xornada Escolar pola Paz.

Cremos firmemente que estas actividades serven para concienciarnos da necesidade de unirnos para tentar conseguir un mundo máis humano, poñer fin á violencia e loitar pola Paz.