A VACINA DO BO TRATO

Logo da reflexión nas aulas, toda a comunidade educativa xuntámonos para celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia tratando de buscar os mellores tratamentos para erradicar a violencia da nosa contorna.

Este ano, as alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO encargáronse de organizar esta celebración do Día Escolar pola Paz no centro, uníndonos todos á campaña de UNICEF: A VACINA DO BO TRATO #EndViolence. Porque a violencia, como os virus, só produce vítimas: todos saímos perdendo cando estala. Ademais, igual que pasa coas epidemias, é mellor previr que curar. 

Por iso, propuxemos que cada clase identificase un problema de violencia, en forma de violentovirus, e elaborara os mellores tratamentos para erradicalo. Esas “placas Petri” de cada aula, cos virus identificados e os tratamentos para cada un, colocáronse durante a celebración nuns paneis que quedaron expostos na sala de usos múltiples.