UNHA XORNADA A PROL DOS DEREITOS DA MULLER

Dentro das actividades de educación na solidariedade que traballamos ao longo do curso, unímonos á campaña de Mans Unidas "A muller do século XXI"

Este venres 22 de febreiro celebramos o Xexún Voluntario cunha xornada para sensibilizar a fin de loitar por un mundo onde os dereitos da muller, a súa formación, as súas capacidades e a súa independencia sexan unha realidade; tamén, naqueles países onde seguen sendo excluídas.

Como xesto simbólico compartimos, na hora do recreo, un boliño de pan sentíndonos máis cerca dos que non teñen para comer. Os cartos recadados con esta iniciciativa enviaranse a Mans Unidas para axudar no seu importante labor por un mundo máis xusto.