INAUGURAMOS PRESENZA EN INSTAGRAM CON ENORME ÉXITO

Na primeira semana a nosa conta nesta rede social (ciamariacangas) acumula xa máis de 200 seguidores!

Unha nova canle na que seguir a actualidade do noso Colexio, na que cada publicación vai acompañada dunha ou varias imaxes.

Algúns levabades tempo pedindo que tivésemos conta en Instagram pero ninguén contaba coa extraordinaria acollida que tivo. O reto agora é dar resposta a esa expectación.

Se aínda non tes conta nesta rede social animámoste a creala e a seguirnos. Se tes conta en Instagram, a que esperas para facerte seguidor de ciamariacangas?