DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Como colofón das actividades levadas a cabo ó longo  deste mes en relación á conmemoración do día do libro, os alumnos  de educación infantil realizaron diferentes saídas.

  • Os de 5 anos visitaron a Biblioteca Municipal do noso pobo. Ademais de percorrer  as súas instalacións da man da súa bibliotecaria,  gozaron con asombro e, como recién iniciados lectores,  das aventuras e da maxia que encerran os libros.

  • Os de 3 e 4 anos visitaron unha libraría do pobo, onde ademais de coñecer de primeira man o que se fai alí, escoitaron a lectura dun fermoso conto.

Todos eles remataron cun agradable paseo e un divertido rato de xogo ó aire libre.