DOUS NOVOS TALENTOS PARA A ESCRITURA

María Barreiro e Uxía Fernández resultaron gañadoras polo sector de Pontevedra do certame literario que convoca Coca Cola todos os anos, co fin de fomentar a creatividade literaria entre os alumnos e alumnas de 2º de ESO.

Este concurso consta de dúas fases, a primeira realizouse no propio colexio e unha segunda fase que realizaron no CUVI.

Este ano tiveron que poñer en marcha a súa imaxinación creando un relato onde o estímulo eran seis palabras impresas en “papel pedra”, que se atopaban dentro dunha preforma da botella de Coca Cola de dous litros.

Para realizalo contaban con dúas horas de tempo e a súa extensión non podía exceder de dous folios por ambas caras.

As dúas alumnas participarán na gala onde un xurado autonómico seleccionará o relato gañador da nosa comunidade autónoma. Moita sorte!