O EQUIPO EDLG ORGANIZA O DÍA DO LIBRO EN TODO O CENTRO

Con motivo da celebración do “Día do Libro” o pasado martes 23 de abril, o EDLG elaborou un panel onde todo o alumnado pegou, un anaco de papel cun refrán ou dito popular galego. O panel atópase  na entrada do colexio, á vista de todos.

Como todos os anos organizamos para este día o “Concurso de relato curto”, onde toda Primaria e Secundaria participa escribindo un conto, narración ou poema. O alumnado de Infantil participa neste concurso coa elaboración dun debuxo dun conto contado polas mestras. Tras un proceso de selección, todos os gañadores reciben un agasallo no festival do “Día das Letras Galegas”.