OS ALUMNOS DE DE ESO COÑECEN O TRABALLO DA ARMADA ESPAÑOLA

Efectivos da Armada Española visitaron  o noso centro coa intención de dar a coñecer o labor profesional das Forzas Armadas e indicar os pasos que teñen que seguir as persoas interesadas en unirse a estes exércitos.

O Sarxento Martínez e o Cabo Caínzos utilizaron vídeos e imaxes do seu traballo para salientar os diferentes piares básicos, tales como o esforzo, a cooperación e a confianza, necesarios para desenvolver o seu traballo cotiá.

Cunha linguaxe motivadora e sinxela, explicou as dúas misións principais nas que está a traballar a Armada: Unha, no Índico contra a piratería e co fin de protexer aos barcos que naveguen pola zona e, outra no Mediterráneo, exercendo axuda humanitaria e de paz.

Insistiu, ademais na importancia do traballo en equipo, matizando que todos os traballos, sexan da cualificación que sexan,  son necesarios para que o conxunto funcione como unha engranaxe perfecta.

Ademais transmitiu información relevante sobre as posibilidades de traballo neste corpo, as probas de acceso tanto físicas como académicas, os centros de estudo en España e as posibles carreiras a estudar nos diferentes exércitos.

Antes de rematar, os alumnos tiveron a posibilidade de facer preguntas variadas sobre os seus intereses concretos.

Cabe destacar que, ao longo de toda a charla, o Sarxento Martínez insistiu na importancia  de seguir formándose, de cara a ter un bo futuro profesional.