GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE DE ESO

O pasado 14 de xuño celebramos a festa de graduación dos alumnos maiores do centro.

Logo de tantos cursos pasados, tantas cousas aprendidas, bos e malos momentos, chegou o memento da despedida para esta promoción de 4º que tan unida estivo durante este curso. Por iso prepararon este momento con tanto mimo. Durante o mesmo as emocións e as bágoas afloraron en moitos momentos: co discurso das alumnas, coas palabras da Directora, co vídeo-resumo do seu paso polo centro, ...

Pasado ese acto máis protocolario, familias, alumnado e profesorado xuntáronse no comedor para compartir uns aperitivos entre conversa e conversa. 

Os nosos mellores desexos para o futuro desta promoción que comeza o seu camiño fóra do centro pero que sempre seguirán "en Compañía".