XORNADA SOLIDARIA

O 25 de setembro organizamos unha Xornada Solidaria para colaborar co proxecto da FISC "Estudiar en Dar es Salaam (Tanzania)".

Esta actividade consistiu nunha andaina ata a praia de Rodeira, durante a que cada participante portaba un dorsal numerado. Unha vez na praia, organizamos xogos adaptados a cada idade, para terminar cunha pequena merenda antes do regreso ao colexio.

Ademais do alumnado e profesorado tamén participaron nesta xornada nais, pais, avós e outros familiares que non quixeron perderse unha mañá tan divertida.