COLABORACIÓN DAS FAMILIAS NA AULA

Aínda que recentemente iniciado, o curso escolar acada  xa plena rodaxe, e con iso as aulas de infantil retoman unha vez máis a colaboración das familias na aula.

Esta vez foi o grupo de 4 anos o encargado de dar o pistoletazo de saída. Esta semana recibiron con expectación a  Rafael, pai dunha das nosas alumnas. Na aula, facendo gala da súa profesión, axudoulles a identificar  o plano dunha casa e  a súa utilidade. Logo coa súa axuda, os pequenos experimentaron a “maxia” da transformación do mesmo nunha construción con volume.

Alumnos e mestres, esperamos que esta sexa a primeira doutras moitas colaboracións ao longo do curso. Grazas por animarvos!