HOMENAXE A CASARES GIL

Os alumnos de Bioloxía de 4º de ESO renden tributo a Don Antonio Casares Gil no Centenario da publicación da súa obra "Hepáticas" (Madrid, 1919).

Esta obra de alto contido científico, un século despois, segue a ser de obrigada consulta para calquera que estude os briófitos da península Ibérica. Don Antonio Casares Gil (Santiago,1871-A Coruña, 1929) foi un médico, militar e botánico galego recoñecido internacionalmente por esta obra.