NIN UNHA MENOS!

A proposta escénica das nosas alumnas: Alba, Paula, Sabela e Sara encandila ao público asistente ao acto Contra a Violencia de Xénero celebrado no auditorio de Cangas.

Este luns 25 de novembro, organizado polo Concello de Cangas, tivo lugar o acto escolar contra esta lacra social coa participación de varios centros da nosa contorna.

Logo de moitos recreos ensaiando, coordinadas pola profesora Begoña Malvido e con montaxe sonora de Elisa Martínez, estas rapazas de 4º de ESO presentaron a súa performance na que combinaron a denuncia dos feitos violentos máis mediáticos cunha reivindicación do empoderamento feminino. Aquí vos deixamos o vídeo da actuación:

Somos moi conscientes de que a educación é un piar fundamental na erradicación da violencia machista, polo que nos sentimos comprometidos nesta tarefa e participamos, como en anos anteriores, nestes actos co noso alumnado.