IMPLICADOS NA PRESERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Este ano metémonos de cheo en concienciar ao alumnado e ao claustro dos problemas mediambientais.

O pasado 9 de decembro, todo o profesorado tivo unha charla moi interesante e entretida sobre a importancia das tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar), así coma do funcionamento dun composteiro. Este foi o punto de inicio dunha morea de actividades que se van a realizar con todo o alumnado grazas a Revitaliza.
O martes 10 de decembro, o alumnado de Primeiro e Segundo de Primaria participou no Xogo da Miñoca a cargo de Revitaliza.
Os alumnos de Sexto de Primaria están levando a cabo un proxecto de horto escolar. Nun primeiro momento tocou limpar a zona e uns alumnos puxéronse mans á obra.
Na segunda fase do horto tocou airear e cavar un pouco. Quen dixo que o traballo de campo era doado?