NOVOS ORDENADORES PARA A AULA DE INFORMÁTICA

A ANPA do noso centro acaba de doar 22 equipos novos para completar a remodelación total desta aula.

Novos ordenadores con un potente procesador, disco duro ultra rápido e a última versión do sistema operativo. Isto unido coa recente conexión por fibra óptica a 600 MB simétricos vai supoñer unha mellora significativa, que o alumnado do noso centro comezará a disfrutar a partir de xaneiro do vindeiro ano 2020.

Desde aquí queremos agradecerlle á ANPA o seu traballo e a súa colaboración co centro.