INDICACIÓNS SOBRE O REMATE DA 2ª AVALIACIÓN

Comunicado da Dirección do centro en relación á entrega de notas e atención aos pais e nais.
Estimadas familias:
A Comunidade Educativa e a Dirección do centro quere expresarvos os seus mellores desexos nestes difíciles momentos que estamos a vivir.
Durante estes días tivemos que adaptarnos a cambios repentinos no noso labor diario pero cremos que, con moito traballo e esforzo por ambas partes, estamos resolvendo con nota os problemas ocasionados polo confinamento.
Por unha banda, queremos dar as grazas ós nosos alumnos e alumnas por todo o traballo ben feito durante estes días, por entregar os traballos, asistir as videoconferencias, etc. Por outra, a vós, pais e nais, que estades preocupados polo traballo diario dos vosos fillos. Grazas pola vosa colaboración.
Seguindo as instrucións dadas pola Consellería de Educación os centros tivemos que avaliar a tódolos alumnos a partir dos exames e traballos feitos ata o 13 marzo, data na que se suspenderon as clases. Unha vez realizadas as correspondentes avaliacións, a entrega de notas realizarase online o venres 3 de abril pola tarde, a través da aplicación Abalar Móbil. Esta aplicación pode descargase no enlace seguinte:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
Ante calquera incidencia coa instalación desta aplicación, estará activa a liña de atención telefónica 694 43 48 82, en horario de 9:30 a 13:30h os días 3, 6, 7, 8 e a partir do 13 de abril.
Para calquera aclaración sobre os resultados da avaliación, os titores e profesores estarán dispoñibles polos medios telemáticos habilitados a partir do 14 de abril.
Sen máis, desexando que esta situación remate o antes posible, despedímonos ata a volta destas atípicas vacacións de Semana Santa.
Aproveitade este tempo para disfrutar, os que poidades, da familia. Seguide as recomendacións das autoridades. Por favor, quedade na casa.
Todos queremos que o curso non remate aquí. Todos queremos que o centro volva abrir as súas portas e poidamos recuperar a nosa vida, a nosa marabillosa rutina.
Atentamente
O Equipo Directivo