INDICACIÓNS EN RELACIÓN Á SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19

Neste apartado iremos actualizando toda a información relativa ás recomendacións de traballo para o noso alumnado durante a suspensión das clases.

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL 

Tedes todas as indicacións para as semanas do 23 de marzo ao 2 de abril no seguinte documento.

ACTIVIDADES PARA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA

Para poder estar ao día das tarefas asignadas polas titoras de 1º de Educación Primaria debedes seguir as indicacións que aparecen no seguinte documento.

Para poder dar de alta as licenzas dos libros, seguide estas instrucións.

Mantemos a recomendación da lectura diaria e para a área de Música debedes ver este vídeo.

 

ACTIVIDADES PARA 2º, 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA


     Os alumnos destes cursos terán acceso ó traballo a través da aplicación educativa “Classdojo” á que teñen acceso todas as familias.


ACTIVIDADES PARA 5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


    Os alumnos destes cursos terán acceso ó traballo a través das aplicacións educativas “Classdojo”, “Classroom” e das contas de correo electrónico do centro que teñen todos os alumnos.

 

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN ESPECIAL


   Estos alumnos teñen actividades e indicacións para estes días sen clases presenciais no blog Especiales.

ACTIVIDADES PARA A ESO


    Os alumnos destes cursos terán acceso ó traballo a través da aplicación educativa “Classroom” e das contas de correo electrónico do centro que teñen todos os alumnos.

 

Coa colaboración de todos imos conseguir que esta grave situación teña a menor repercusión posible no proceso de aprendizaxe do noso alumnado.