ÁNIMOS NA DISTANCIA

Os nosos alumnos e alumnas demostran unha vez máis a súa fortaleza e o seu compromiso social nos momentos difíciles.

Os alumnos e alumnas do Compañia de María tamén se suman ás campañas de ánimo para conseguir sacar un sorriso á súa veciñanza e dar un pouco de alegría nestes momentos tan complicados que estamos a vivir. A mensaxe que nos transmiten está clara, temos que ser positivos ao mesmo tempo que somos responsables e quedamos nas nosas casas para que entre todos e todas poidamos acabar canto antes con esta inesperada situación. Moitos ánimos para tódalas familias!