VIVINDO A FESTA DE SANTA XOANA DESDE OS NOSOS FOGARES

A festa de Santa Xoana deste ano estivo marcada pola pandemia provocada polo sars-cov-2 pero tamén polas nosas gañas de permanecer unidos e manter a chama acesa.

Dada a imposibilidade de realizar celebracións presenciais, a Compañía de María organizou para todo España celebracións conxuntas a través da rede. Houbo unha para Ed. Infantil e outra para Primaria e Secundaria. Nelas fíxose un repaso da historia da orde, léronse mensaxes e, como non, cantamos o himno de Santa Xoana.

Para rematar a xornada organizouse un Escape Game virtual coa participación de milleiros dos nosos alumnos de todos os colexios de España. Un éxito de participación que deixa ben claro as gañas do noso alumnado por voltar a estar xuntos.

¡Feliz día de Santa Xoana!