COMEDOR 2020/21

Este ano, debido ás circunstancias, precisamos coñecer coa maior antelación posible o número de usuarios fixos de comedor. Por iso creamos un formulario de inscrición online que debedes cubrir no caso de estar interesados no servizo. 

O servizo de comedor escolar permanecerá en funcionamento, seguindo as normas de seguridade do Protocolo COVID-19, a totalidade dos días lectivos do curso, dando comenzo o día 10 de setembro de 2020 e rematando o día 22 de xuño de 2021,  sempre que o Centro permaneza aberto.

O procedemento será o seguinte:

PARA USUARIOS DIARIOS E USUARIOS CON DÍAS FIXOS (un ou máis días fixos á semana):

  • Cubrir debidamente a ficha de inscrición que aparece premendo neste enlace ou no apartado correspondente ao comedor da nosa web.

  • Cubrir os datos para a domiciliación bancaria incluídos no formulario de inscrición do punto anterior.

Para a domiciliación dos recibos mensuais:

  1. O cobro das mensualidades farase entre o día 1 e o 10 do mes vixente no que se fai uso do servizo.

  2. A devolución dun recibo non resolto no prazo de 15 días, provocará a baixa no servizo.

PARA USUARIOS ESPORÁDICOS (días soltos):

Calquera usuario que demande o servizo de comedor de forma eventual, deberá facelo saber na recepción do colexio á hora da entrada.

 

PARA TODOS OS USUARIOS

  1. Calquera tipo de corrección ou modificación  de datos de inscrición, asistencia ou incidencia no servizo, deberá comunicarse na secretaría do centro.

  2. As baixas deberán comunicarse con alomenos 10 días de antelación e sempre antes do remate do mes anterior ó cal se quere facer efectiva a cancelación do servizo.

  3. Non se aceptarán cancelacións no mesmo día.

  4. Atenderanse as necesidades daquel alumnado que por calquera incidencia teña a necesidade de facer uso do servizo de comedor.

  5. O prezo deste servizo establecerase cada comezo de curso coas súas revisións e actualizacións pertinentes.

  6. Será motivo de baixa no servizo de comedor o non cumprimento das normas establecidas dentro do propio servizo, das normas establecidas no horario posterior en recreo e sesión de estudo ou o impago reiterado das mensualidades

PREZOS DO SERVIZO 2020/2021

Para os usuarios fixos: o custo do comedor escolar para o curso 2020/2021 será de 5,25€ diarios para aquel alumnado que contrate o servizo de comedor mensual todos os días. O importe a abonar cada mes variará en función do número de días lectivos que este teña.

Facturaranse todos os días lectivos de cada mes e non se descontarán os días que non fagan uso do servizo, exceptuando os casos de baixa.

Para aqueles alumnos con días fixos ou de uso esporádico, o prezo de cada día de comedor escolar será de 7,00€.

Ás familias numerosas acreditadas con todos os integrantes matriculados no centro, aplicaráselles un desconto dun 5% neste servizo sempre que fagan uso diario mensual, non no servizo esporádico.

No apartado correspondente ao comedor da nosa páxina web atoparedes as indicacións para poder descargar o menú mensual.