"COIDEMOS O NOSO"

Éste é o título do proxecto co que 6º de Primaria participa no programa de educación medioambiental Voz Natura, de La Voz de Galicia.

Esta iniciativa pretende levar adiante unha extensa lista de actividades. Entre outras están: construír trampas para avespas velutinas, continuar coa horta ecolóxica iniciada o ano pasado, realizar (en formato dixital) unha ruta do camiño de Santiago desde o colexio ata enlazar co camiño portugués e moitas actividades máis. 

Todo este proxecto ten como finalidade concienciar a toda a comunidade educativa sobre a importancia de protexer o noso medioambiente e está coordinado polo profesor Bruno Freaza.