UN ENTROIDO DIFERENTE

Este venres 12 de febreiro celebramos un Entroido marcado pola situación sanitaria pero coas mesmas gañas de pasalo ben.

Acudimos ao centro todos disfrazados pero pola mañá tivemos algo de traballo nas aulas. Nas horas de patio e pola tarde foi cando puidemos gozar dun tempo de lecer.