BICHIÑOS

É de sobra coñecido o feito de que ós nenos de cinco anos encántanlles os animais. Disfrutan e aprenden moito observando os "bichiños" que se atopan no xardín e no patio do cole.
Esta semana  os alumnos de cinco anos tiveron unha moi agradable sorpresa. A chegada dunhas pequenas eirugas, coñecidas como "vermes da  seda" fixo as delicias de todos eles. Quedaron acomodados na clase, nunha caixa transparente para poder observalos, co compromiso de coidalos entre todos.
Nas vindeiras semanas poderán observar, de primeira man, toda a evolución que esta curiosa especie nos pode aportar.