CELEBRANDO SANTA XOANA

Con todas as medidas sanitarias, pero tamén con todas as gañas e  "Corpaixón" (lema deste curso), festexamos o día da nosa fundadora Santa Xoana de Lestonnac.

Pola mañá, de 4º de Primaria a 4º de ESO, celebramos unha eucaristía ao aire libre que resultou atípica pero fermosa. Logo houbo animación para os máis peques no salón de actos (por quendas) e un divertido escape game para os maiores no que competiron por equipos. 

Pola tarde tanto Ed. Primaria como Ed. Infantil tivo xogos por clase.

Deste xeito conmemoramos este día tan especial para todos os membros da gran familia que somos os seguidores Santa Xoana.